quarta-feira, dezembro 26

canción de nadal 01/08/2007

sinto como me baixa a presión.
miñas pernas latexan
á inversa de dous corazons:

o teu que non está,
o meu que morreu.


aperto as queixadas coa forza de reter bágoas.
vomito: sangue sen osíxeno,
alimentos dixerídos;
recordos, agarimos.

eva méndez doroxo

16/10/2006 IV

o número maldito.

triangulo imperfecto de lados pares
no que perderse vóltase imposible.

navego os dedos ensangrentados
polas liñas que unen cada vértice
deste cadrado que ficou
nunha folla en blanco.

eva méndez doroxo

16/10/2006 III

Un pé:

duas centas trinta catro mil pezas dun LEGO que endexamais soupeches montar.

A Cabeza:

Infinito campo de cultivo no que teus ermos pensamentos nada fixeron medrar.

A Cona:

improbable dimensión descoñecida á que non sabemos achegarnos.


eva méndez doroxo

16/10/2006 II

séntome en ti,
na mellor das alabanzas.

fermosura, cadeas, ventás invisibeis tras das que olleas
meu corpo espido.
deborado polos cocos.

ríes absurdo, anxelical, miudo...
sen medo nun ollar limpo,
que non aprendeu a amar.

eva méndez doroxo

16/10/2006 I

Medran silvas silencionsas
na infinita liña que nos separa.
Acúsasme de arrabuñarte,
es ti, absurdo e rencoroso coitelo
que se fende na escuridade
dos dias,
atravesando bolboretas de auga.

eva méndez doroxo

domingo, dezembro 23

IB_EX 35

conmutamos en rugosidade:
dilución de agarimos destructivos;
equipamento de teus dedos.
non abonda a confusión da noite
para deixar de verte.
soños de humidade híbrida contraen miñas pernas
reténdote dentro de min.

non podo demóstrache os erros,
nin conseguir que miña pel percorra túa sangue.

Bébeda de min, esta vez aseguro:
son individuo.
innomeable ser que pode definirse baixo o análise exhaustivo.
unha lente vítrea que se crava en min para explorarme.
a miña existencia toda é aporía,
o sen sentido que ten resultado na nada que me define.
unha intrinsicidade da resposta absurda
no día a día.

compenetración de pensamentos,
fan hoxe que os interruptores nos volten a conmutar
chegando así ao punto de inicio,
aquel no que sen ideas nos aproximou,
construímos a utopía e adubemos incansables.

chega a hora de que miñas pernas cedan,
que meus ollos baleiros enchan as cunchas craneoreas
na catedral do pensamento,
para así atoparme sen circuítos,
conectada a min mesma,
monstruo que aprendín a recoñecer no espello.

flexiono miña rixidez equívoca
e ascendo do irreal ao plan no que comparto
recoñecemento con todos os monstruos deformes.


eva méndez doroxo

sábado, dezembro 22

de Deusas

infancia de corpos mesturados por mar,
terra, ar.

empezamos a andar xornadas imposibles de concluír,
distancias creadas para Deusas,
nas ca unidade de desprazamento mortal é infinito.

xogos de morte;
xiramos noutro idioma,
pretendendo esquecer a distancia andada,
rexurdimos coa forza dunha esponxa carbonizada,
intento absurdo de burlar o destin.

pes cheos de ampolas.
paraxes interminablemente andados por miles antes ca nós.
ao final do camiño unha esperanza,
un futuro que semella distinto;

encasillada nun medio de transporte máis veloz
pretendo alcanzar as Deusas,
que camiñan tranquilas nunha paralelidade que non vexo.

quarta-feira, dezembro 19

noutros lares




a micro pechado grazas pola reseña.

sen titulo

no século onde non hai escuridade,
mundo en que a fame son imaxes nun televisor,
os seres que habitan na riqueza medran longos,
sen máis preocupacions que inxerir tranquimacin.

os vagons rebosan corpos brandos,
embutidos en mil abrigos,
mosaico de vidas baleiras.

unha nena, luz de inxenuidade, aínda non demasiado branda,
aínda non demasiado intoxicada pola polución das desideas,
corre tras unha folla de papel.
rápida recupera o anaco de vida que representan as letras,
sendo pisada por homes e mulleres que non ollean.

eva méndez doroxo

segunda-feira, dezembro 17

incompatibilidade

alentos que invaden miñas falanxes.
costelas do agotamento no que pousar un ollo,
interrumpindo a inocencia con fusilantes risas.

demoníacos agasallos de linguas que non coñecemos,
xiramos nas norias dunha escura brétema:
inverno incoherente no que mesturar pétalos vermellos e desniveis cromáticos.

no fondo das teclas acho as faragullas da vida que percorreron outros,
vestixios de pelexas interminávels,
guerras de sal e carmín,
no que as ras só poden observar tranquilas dende a cornixa do seu croar.



eva méndez doroxo

quinta-feira, dezembro 13

baleiro 0.0

sen sangue nas autoestradas internas,
sen tránsito nun corazón que dixou seu latir,
coas maus baleiras.

entro no trance do autocoñecemento,
mergúllome nunha nova ideoloxía:
o culto a min.

histeria compartida por unha sociedade
que vive na opresión asfixiante do ego.
na existencia finita do ridículo.

as luces adornan o camiño paradóxico que nos alonxa da realidade.
do outro lado, espida, áchome.
brancura inmácula que representa, simplemente, mil cancións melancólicas.

escúrrome polas liñas microscópicas que recobren a pel,
penetrando nas conciencias,
expresando o inconformismo dende o silencio que me viu nacer.


eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 5

presentación do libro As Sete Idades

filo-café: suicídio/altericídio

café Princesa: 12 de janeiro de 2008, 21h. Porto

inscrições (gratuitas) Abertas:

áreas: Pensamento, Pequenas-Comunicações, Dança. Poesia, Musica, Performance, Sociologia, Antropologia, Psiquiatria, Filosofia, Teatro, Pintura, Fotografia, Curta-Metragem, Escultura,

Filo-Café: Suicídio/Altericício
Café Princesa
Rua Silva Tapada, 134
Porto



Apresentação do livro As Sete Idades de Eva Méndez Díaz doRoxo com a presença da autora

Image Hosting by Picoodle.com

Apresentação feita por Chacal




Roxeamos as congas das articulações pouco articuladas. É nesse não-andamento que se sustém a paródia existente. Quantum satis la verve de expelição? A_cordamos em 2008 com esgares, não acabamos de nascer. O sombreio toma conta das palavras, elas próprias sombras do dizível. Que fazer nas ponderosas dificuldades de adormecer e acordar? Os rumos, bússolas de erramento, somegam a fauna entre sua savana, a memória esquecida. Alguém pode/consegue suicidar-se? Ou tratar-se-á de um altericídio que, em consciência de tribu corporal, pode sintomatizar um genocídio? Anda, meu existente, deita abaixo as memórias que te trituram, não respondas, um sendeiro invisível te espera, sui-nada, nada é sui. Lamentamos. Com muita Lama.


Inscrições Abertas:
Para a sua inscrição indique nome, lugar de proveniência e área de intervenção, através de incomunidade@gmail.com
Mais info: (00351.965817337)


Inscritos:
André Domingues (porto, texto e pensamento); João Vilas Maia (porto, texto/pensamento), Amilcar Mendes (valbom, performance), Nelson Silva (porto, fotografia), Elizabete Monteiro (boticas, pintura), Hugo Nascimento Veloso (porto, texto), Luis Serguilha (famalicão, poesia), Alexandra Bernardo (carcavelos, interpretação), Alexandre Teixeira Mendes (porto, comunicação), Vicente Pereira (porto, pensamento), António Pedro Ribeiro (braga, poesia),

segunda-feira, dezembro 3

as nubes veñen de islandia

no inmenso branco achámonos,
espidos coas lans e coiros dunha longa viaxe.

inmóbiles agardamos o segundo no que a creación acontece.
pequenos procesos que denominamos química,
condensación de masas intanxibles,
prosaicas combustións ilegais.

no medio do comprensible
un pensamento que non flúe.
seguimos na inmensidade
que nos perde
elevándonos nun evidente xesto contra grávido.

eva méndez doroxo

quinta-feira, novembro 29

nin ser significa contido,
nin esperar é unha finalidade.

abrir a porta, nun xesto mecánico,
no que nada acontece e de súpeto pasan cousas.
desprazas o peso,
engades movimento,
un xesto de intención.
respiras angorde o que xa é pasado,
expiras os momentos nun lugar onde o tempo se detén.
continuas teu camiño.
simplemente cerras a porta,
marchas, esqueces, oxixenaste con outros recordos.

tras a porta un refuxio.
un segredo compartido.
unha fugaz cámara crioxénica onde acontecer.

tabilhona

sexta-feira, novembro 23

titella

misturada co ferro azul da parede;
puntas redondeadas, dedos que se craban.

corrugadas extremidades nun dia fláccido,
no que remexer as fouces arando cortiños.
un pé.
elemento dócil, brando, sumamente inofensivo.
cuberto con medias de cores, tapiz de brancos e negros,
mofa do cárcere que me acolle.
non dubido empregalo para escalar.
subir aos dedos emerxentes da parede,
agarrarme ao ferro,
rachar o branco e subir.
ascendendo ao infinito.
onde as palabras designifican,
deconstruense os medos
e arranxase o agotamento.
aquelo que non me deixa pensar,
que me move en parábola continua,
na reiteración que exaustiza o pensamento
para escravizarme a dedos que son de plástico,
formato do hoxe, aquel infinito que alcancei
e que sigue sendo prisión do coñecemento ao que chegar e non vexo.

eva méndez doroxo

quinta-feira, novembro 22

sexo sen nova iorque

desprázome nas noites molladas que tingues de verde
ao presionarme baixo teus dedos de papel.

aniquilantes furados na parede,
testemuña silenciosa da miña continua execución.
afogada en bágoas que se derraman cara a dentro,
para non darche o pracer de verme perecer baixo teu.

liñas infinitas de xemidos na inmensidade dun universo
que me é alleo. sinto tremer a cama nos teus pes.

cando pechas a porta, os agarimos transfórmante nunha besta,
que amo, que temo, que me fai perderme na lámpada que colga do teito.
o único lugar no que non me podes atopar.

eva méndez doroxo

domingo, novembro 18

céntimetros

a pel lembra todo o co corazón esquece.
terte a tres centímetros de min,
namorada del,
desexosa de ti.

non sei cómo me facías tremer entre os teus brazos de paixón.
non entendo que sentían miñas coixas ao ser apretadas polas túas maus,
pero como unha corda que cruxe ao ser tensada,
cruxeme a espiña ao perderme no teu olor,
compartindo, entre mil persoas, o espacio estánco no que hoxe os animais súan.

cómo ser dúas mulleres neste corpo.
unha que é só pel,
outra co é todo.

eva méndez doroxo

dubido

adicado a tod@s aqueles que comprenden máis alá das palabras, que son capaces de sentir as bágoas alleas como propias.

esta poesía nace duns dedos que non son meus pero teño o privilexio de que katagorri29
co escribiu me permita penduralo aquí. grazas amor ;)

Dubido de ti.


Dis que sempre dis o que pensas.

Non é certo.

Cecais é o que pensas para enganarte, pero non o fas.

Dis o que pensas que a xente quere oir

Iso non é dicir o que pensas.

Dis o que pensas que lle vai dar pracer á xente.

Iso non é dicir o que pensas.

Preocúpaste polo que pensa a xente de ti.

Iso non é dicir o que pensas.

Dicir o que pensas é abrirse,
a veces ser torpe,
non ter medo a que se vexan as túas feridas ou tamén as túas valentías.

Iso é dicir o que pensas.

Dicir o que pensas é respeitar aos demais

porque en ningún momento os estás enganando.

Iso é dicir o que pensas.

Dicir o que pensas é atreverte a decirlle a verdade a un amigo,
sabendo co vas ferir.

Iso é dicir o que pensas.


Dicir o que pensas é falar con franqueza, sin deixar de dicir algo polo que poida pensar de ti a xente.

Iso é dicir o que pensas.

Dicir o que pensas é ser valente, bon, respectuoso e con amigos de verdade (os do corazón, os que sempre están aí), porque sempre lles dís o que pensas.

Isto é o que penso.

Cando decidas dicir o que pensas, non estou segura de que poidas aínda atoparme

Isto é o que penso.


katagorri29

segunda-feira, novembro 12

detrás

cantas veces teño que deixar a larinxe nunha negación que desespera.
na mitade dunha estrada na que só circulan pantasmas,
luces que non emiten, só perforan.

unha intersección na que atoparme.
un home.
nada que expresar, pero son esa masa que aplasta o chan.

na outra beira da miña mau,
sangue,
unha muller,
algo que parece que recoñezo, pero non estou seguro,
sigo vendo pantasmas que percorren miñas estradas.

tabilhona

quinta-feira, novembro 8

angola

ao meu bem querido IbnLuanda

déchesme unha fiestra pola que mirar un mundo alleo,
dende a rixidez dos grises
que apagaban meus contornos na maraña de sondas.

vin a través dos teus ollos.
estremecinme con cada caricia que deches a unha pel
que non era a miña.
somerxida na túa lingua quente, desexosa de loitar,
fundinme na inmensidade das ventás que aínda seguen abertas,
polas que non vexo.

fáltasme.

quixera ser da cor que ti me ensinaches a mirar,
asasinar con navallas para que me puideses fuxir.
apagar outra vez a luz para aprender a ollar,
sentir os alentos no subsol arrasado.
caras coñecidas que se tornan borrosas.

ergue as persianas,
aprendeme o que ti xa sabes,
deslízame polas sabas que un día foron de outras,
para perdoar que te fuches,
esquecendo a fiestra que mantiña vivo o desexo.



eva méndez doroxo

quarta-feira, novembro 7

comedor de letras

chapoteo zucre nunha boca amarga.
aquela que vomitou as letras que alimentan
o intanxible.

non me concentro.
non consigo entrar no trance que me impide engulir,
regurxitar, expulsar e submerxir o coñecemente.

eva méndez doroxo

postsecret

boletos onde escribirme os teus segredos.
enviamos.
non poñas teu nome,
quero elaborarte,
con miudos suspendidos.

as veces rirme de lerte sobresaltada.
en momentos tremer co medo que dá
saber o inconfesable.

así, en longas correspondencias das que non
acusar recibo, fraccionar interrogantes,
amecer anacos e fabricar un retrato
de ti; o que dorme cada noite ao meu lado.

eva méndez doroxo

domingo, novembro 4

mutación

experimento. son ollos de balea.
no fondo do silencio,
coa quentura das primeiras noites.

un cadillac bege, tambores.
sinto que medras dentro de min.
forza inconmensurable que me absorbe.

movémonos no líquido amiotico collidos da mau.
suspendida na inmensidade universal.
cetáceo que busca a manda das letras non escritas.

copórea e etérea imaxe de min mesma.


eva méndez doroxo

sexta-feira, novembro 2

concordia

pintame as cores da túa vida.
se es invisible aos ollos de todas,
se non podes seguir escribindo dende un sofá dourada.

tocas un piano, como se for unha vida que che fuxe.
en caida libre,
cometa de desplazamento incontrolable.
pilotarte quero.

deixar de sentir que non formo parte
de algo.
ser novamente unha cor no arco da vella,
e ao final atoparme,
moedas.

eva méndez doroxo

novas de setembro

deixome caer,
na desesperación do absurdo.

arrinco as unllas coas tenazas
do tempo.

arrebato incongruencias,
constantes erros que se repiten
mentres pico as letras no teclado.

quixen escapar, coñecer outras idades.
ser quen non fun,
desexada por ti, tantas veces inventada.

rematar na illa onde ninguén vive,
tapada coas unllas doutra hora.
feita unha bola sobre a area quente
dun continente que quixoche
facer esquer.

eva méndez doroxo

quarta-feira, outubro 31

cabalos do 78

estranos ao amanecer.
baixo a pel de dragons e paixaros fucsia,
estremecense cuxas e peitos,
co tacto aínda quente da noite impregnada neles.

corpos homoxeneos que agochan narices nos beizos,
inxenuos suicidas que desgarran os segundos
antes de embutirse na monotonia da distancia,
na pátina do esquecemento,
sen suor, sen sangue remexendo as linguas.
sen nada que botar a boca.

baixo outro sol, outros estranos tremeran esta noite
pero nunca voltaremos a ser nós,
asesinos das manciñas dun reloxo,
fai tantos minutos xa.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 30

circunferencias 1.2

caeronme todos os dentes.
miña boca pechouse un pouco,
non todo,
aínda podo respirar.
pero o que caeu cos dentes foron as verbas,
que sei que algun dia tiven,
e que agora non atopo en min.

cómo comunicar?

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 29

pan da memoria

as veces na primeira capa da vida,
roemos pan duro,
fodendo as encías,
endurecendo os dentes,
aprendendo a xerar saliva para tragar facilmente.

esquecemos a aprendizaxe,
non temos memoria,
carecemos de referentes.

o dano que nos fixo sangue no primeiro alento,
quedou tapado polas madelenas blandas que viñeron nos seguintes anos.

sen saber cómo,
as veces,
boto os dedos a boca e lamboos para tornar o frío deles.
é nese xesto mecanico, incosciente, no que aparece na miña mente
un neno, con dentes de leite e algo na mau,
só sei que é algo duro, algo que me mancaba.

eva méndez doroxo

resurreccions

resurxes dende as cordas dun contrabaixo.

coa vibración asimetrica de notas raspadas nuns dedos endurecidos,
que non poden agarimar.

insensibeis teus ollos,
permanecen baixo terra,
roidos polos cocos.

pero meus beizos tremen por te descubrir na oscuridade,
baixo unha capa de mofo,
un sorrir enigmático,
ademán do que non quere ser atopado.

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 26

politica das afinidades

guitarras desafinadas e cordas vocais desgarradas.

o berro afogado en aceite fervendo,
ideas abortadas no primeiro ciclo da xestación,
risas.

líderes silenciosos con cuncas valeiras e ollos de vidro.
unha lingua que percorre os beizos viciosa.

maus cortadas que non sangran porque foron queimadas na amputación.
pes atados con centímetros de cadea dobre,
pasas rexidos por son de tambores.
ollos que brilan lambelos.

baixo a lama, tras o derradeiro escravo,
camiños interminábeis de esperanzas,
o seu tamaño: entre un 35 e un 46.
e tras deles, aínda máis fondo, máis invisible un 38 que se ergue
coa boca cosida e a dignidade marmórea dunha estatua
que sobreviviu ao paso do tempo,
as inclemencias dos ollos que brilan, as linguas lambelas e as risas humillantes.
xesto de pánico.


eva méndez doroxo

puntos suspensivos

sen preambulos, nin avisos que soen a ameaza,
sen apretar os músculos da barriga para non deixar escapar o medo.
para que non se note que este perfume que levo só pretende
protexerme dos teus ollos, das maus que un dia amei, do sentir que aínda doe.

un chisqueiro para encender un piti,
creando un escudo de fume e así poder aforgar a lingua mollada,
desexante e temerosa de ti.

no peto a nosa foto rachada, símboloinequívoco de que non me amas.

tabilhona

quinta-feira, outubro 25

insomnio

hoxe erguinme, sonámbula, bañada en bágoas.
novamente.
pensei co sentir xa non era dor,
desdibuxados os dias nos que bebiamos barbitúricos para esquecer.

sen medo cando tou desperta,
mais cando morfeo me visita seu elixir deixa a flote a verdade.

tabilhona

quarta-feira, outubro 24

blues

.... i lose my blues ...

tamboreasme na illada dunha noite que espiga.

non atopo sentido as frases,
inconexión linguaxe-cerebro.

perdín o máis prezado do soño,
o tesouro que gardaba baixo mil almofadas.
xa non lembro como era.


as trompetas da morte nacen aos meus pes,
saen por todos os recunchos, asfixiándome;
coa altiva parsimonia de quen ten unha misión no mundo.

buscareinte baixo o taladro constante do meu tímpano e morderein
miñas inquedanzas con queixadas de loba.

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 22

amanitas

entro en trance,
son figura borrosa nos teus ollos,
e ti desdibuixaste nos meus.
como caricias non dadas.

imaxino nosas conversas
e teño resposta as incongruencias,
pero sentada, ao teu caron, o xeo que hai entre nós
acouga meus pensamentos.

fermosa ignorancia que me libra dos dias.
tecleo coa rapidez do corre-camiños
pero son igual co collete, sempre empregando
os defectuosos aparellos Acme
para descomunicar contigo.

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 19

significando

gostaba máis do mundo cando os absolutos tiñan sentido,
cando as palabras significaban por ser pronunciadas,
e un sempre valía toda unha vida máis alá do tempo.

as etiquetas existían sen dúbidas,
sen necesidade de escapar delas porque non eran mal ou ben,
simplemente eran.

as operacións realizábanse coa lentitude das estacións,
e a rapidez do clima,
pero non tíñamos que morrer en vida mil veces
para entender-nos.

boto de menos o tempo en que as bágoas tiñan un valor,
e os oídos escoitaban atentos as propiedades da ialma.
no que ser filólogo non era máis que ser poeta,
e o coñecemento era só ser sabio.

os dias nos que sentados diantre do espello,
peiteabamos o pelo para ser parte da comunidade.

agora,
no século en que todo é posible,
buscamos a diferencia, fuximos da etiqueta, mastigamos palabras nas que non cremos,
e soñamos coa eternidade da que non queremos formar parte.
anhelo aquel nunca que contiña o todo.



eva méndez doroxo

descuberta

"Uniforme:
Tão só eu,
vestido às ordens
para ter a forma única
de mim mesmo."
M.Pico

a seguridade de non ser ollada,
na tranquilidade da túa celda,
poucos centímetros para ser libre.

un hotel no que pasar a noite,
camarote dun barco que te trae lonxe de ti.

negas o reflexo dos teus rasgos na pantalla.
pechas algo máis a porta,
para non poder saír.

nin fiestras, nin chaves,
pero o cheiro da individualidade é illa no teu sentir.
paseas calma deslizando os dedos pola túa prezada identidade.


eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 18

reserva

cómo me extorisionas.
retorces miñas ideas en continua felación do incosciente.
intento resistirme coa política dos pensamentos,
a forza do coñecemento indómito que flue polo cortex.

sen medo,
con dúbidas,
coas meixelas encesas de escalofriante rabia.

medro dende o mínimo recuncho da opresión,
e resisto na medida do alento
que endexamáis se apaga.

eva méndez doroxo

indómito tempo

o tempo detense xusto no microsegundo que nos separa.
teu cheiro invade meu cerebro,
os ollares pérdense nas liñas do chan,
podo sentir o palpitar da túa vida.

mollo os beizos, fraccionados polo meu propio later.
inspírote reténdote dentro durante toda esa parálise,
sen exhalarte.
controlo meus fluídos para non tremer na proximidade,
para que non leas a miña paixón.

sométome á mau que me brindan para escapar de ti,
no momento exacto no que o reloxo de area volta a deixar caer os grans.


eva méndez doroxo

quarta-feira, outubro 17

ave fenix

como outra muller.
érgome cada maña dentre as sabas molladas.
pero cada noite tremo no mesmo corpo.
cansada de ollar os adeuses dende o espello.

como outra muller.
vístome nas medias de cores,
encho o bolso de soños,
e conto os minutos
para ver coa mesma mirada,
magullada, excéntrica e desconfiada.

como outra muller,
prefiro estar sempre no mesmo lugar.


eva méndez doroxo

como se transmite o son?

na profundidade dunha cadeira.
erguida en xesto de rebeldía,
non deixando fluír a rabia.

embalsamada pola luz fluorescente
que reverdece a dermes.

trepanada polos dedos invisibles
que calcan o ferro na testa.

a única conexión co mundo dos vivos,
son eses cen elementos xeométricos
aos que aferrarse:
dor de derradeiro alento.

sentir nos beizos secos unha feble brisa
que disipa a fluorescencia da pel,
e relaxa a presión das ferramentas
instaladas sobre o cranio.

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 15

interpretame

interpreto as verbas da lingua das serpes.
sesegas eternas polas que me perdo.
no sol, adormezo sen me queimar,
pero cada dedo teu marca a miña pel
máis profundamente que calquer ferro.

eva méndez doroxo

quarta-feira, outubro 10

telefonia

sen fíos comunicamos.
todo o noso mundo é rexido
por impulsos magnéticos;
impercepibels, suaves, intensos.
crávansenos na pel reaccionarios,
nun xesto indómito de paciencia e sumisión.

ritual aprendido nas grandes urbes;
nas que sen timbres chamando á oración,
sentímonos alienados en nós mesmos.

agora, no silencio punxido, das paredes caleadas,
aprendo a non percibir contrasinal.
somerxo meus pensamentos
en complexos mecanismos etéreos
para non oír badaladas metálicas na miña lingua.

reposo a axitación e a rabia
entre numerosas páxinas desteñidas
para concentrarme
na perdida absoluta do coñecemento
e así atopar as Respostas.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 9

a poesia do cotián

cólleme! aprétame!
sacseja'm com a una baldufa.
dame voltas e ponte lonxe.
faime suplicar na tolémia do redor.
al ben mig arrosega'm,
amb armónics,
dolços gestos del foc.
alumeame toda,
con gotas microscópicas de auga salgada.

encheme de todo antes de valeirarme
coa virulencia do furacan.
camí que insta al repós.
con ollos de mioca
deborame o fédago
só un segundo antes de que me perda de todo.

tabilhona

segunda-feira, outubro 8

comedor de bicos

anfiteatro oculto onde se preparan
as comidas dos deuses.

ciumentos tesouros, de neves virxes,
nos que non hai mistura errada
nin combinación imposible.

fauces dentadas,
que se voltan algodón de zucre.
derreten tensions,
sorprenden paladares.

nalgún recuncho de nós
deboraremos os microbios
que moven nosas bocas mecánicas
nun festín impropio
sen rematar o éxtase.


eva méndez doroxo

en activo

corrixeme se me equivoco.
non mordas as linguas alleas e dime a verdade.

minte só o necesario para que te entenda.
pero non complazas o meu ego só por medo.

vas morrer?
algún dia, eso espero.
mentras xunta os beizos,
formula frases,
deixa oir o inconformismo que nace
do punto impúdico
que outras chamaron inmoral
e que é o principio e fin de todo canto coñecemos.

linguaxe segreda na que a verdade existe,
tan só,
se a pronunciamos.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 2

en proceso de elaboración

nove meses dentro de nós,
aprendedes a coñecer-nos,
comedes do que somos,
faceis-nos vomitar.

entre sangue dor e alegría
saídes do noso corpo
e criamos-vos, desatinadamente.

para concluir-vos
nas vidas nosas vidas,
en apariencia iguais,
en essencia diferentes.

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 1

conspiraciois

xigantescas maus de cobre saen do mar.
sento nelas, contemplo bater as ondas,
pousar os paixaros, zoar o vento.

eu inmóbil no medio da inmensidade
teño o desexo oculto de cas maus se pechen
e me leven con elas ao fondo do azúl.
sentirme caer pouco a pouco
soltando lastre,
burbullas de oxixeno entre os beizos sorrintes.

cos ollos abertos nun outro mundo que non coñezo
aprender a escoitar do silencio
a berrar na luz
e despertar na frialdade.

sentada, agardo ser descuberta.

eva méndez doroxo

versos para sorrir

Levo un tempo recollendo as críticas contructivas sobre a natureza dos versos que aquí publico.
Non lembro as verbas,
o significado: desolación, tristeza, amargura e todos aqueles adxetivos que describen ao ser human só nunha ínfima parte pero que son un todo e sen os cales imaxinarnos a felicidade seria imposible, pois non a recoñeceríamos.

Reflexions axeitadas.

Gustame ler as palabras e reinventalas, lexitimizalas, enchelas do significado propio. Nós somos os donos do verbo non o verbo o noso dono.

As veces, máis das que gostariamos, somos escravos da nosa dialectica. Pero propoño unha visión máis ampla, diriamos que se poderia definir como meta-lectura.

Imaxinemos un poema como un laberinto infinito con tantas combinacions para chegar a saída que ao final ningún camín é o incorrecto porque somos nós os que lle damos forma.

Sen chegar a ter a verdade absoluta cada verso é un universo, qué significa? o que ti queiras ver, ler, sentir e experimentar nel.

Eu só poño o medio, ti pois o resto.

eva méndez doroxo

comunicando

para as despedidas:

- un papel, unha liña, un telefone, un alento, unha caricia.

para os encontros:

- duas medias de rede, un zapato, os dentes limpos, gomina.

para enredarnos:

- cunchas na praia, unha árbore por cama, lentes de sol.

para decirche adeus e que non volvas:

- xemidos contidos, bagoas non derramadas, verbas diseñadas.

tabilhona

domingo, setembro 30

libertadora

contados os dedos da mau
por cada unha das veces que se perderon no meu interior.

contadas as linguas e dentes
pola cantidade de momentos que se atoparon en min.

contadas as liñas discontinuas nas que me abandono
cada dia no espello.

triturasme co sorriso afable do home que non sabe amar
e aínda así ama.

expandesme na mistura de aceite e noces
que sen untarme me untas.

sen máis rigor ca propia imaxinación
arrincasme da monotonia,
remexes ansioso nun cesto
antes de facerme túa
alén de todos.

lonxe dos pensamentos inacertados
que só saben ler as letras
e non descodifican as mensaxes.

conmemoro neste dia
os inventos que creamos para
sen fuxir ser fuxitivos,
sen sorrir ser felices,
e sen adorar ser deuses.

eva méndez doroxo

a dor

doe, seguedo doendo.
non sabemos se algún dia vai deixar de doer.
entre tanto vivimos,
alleos á dor, que para alguns non existe, que non coñecen.

atopamonos mecidos por fios de dores diferentes,
sagrados, intocables, mensaxes do quimico e o fisico que hai en nós.

lemos de corrido para non aprender as palabras,
intentamos eliminar as pesquisas doutros dias,
as letras, algunhas caricias.

sentirnos fortes e felices non significa que ela nos abandonase.
un dia, deitados ao sol, podemos notar a salitre das nosas bágoas
que recordan a súa existencia.

lémbranos que é unha compañeira na viaxe.
contrae alguns músculos e expande outros,
pero cando deixamos que se apodere de nós,
afondamos e o noso estómago berra deseperado;
os ollos fainse pequenos querendo desaparecer
e nós deixamos que nos meza como se tivesemos no berce.

tabilhona

sexta-feira, setembro 28

reencontros

testemuñas do pasado que se filtran neste dia.
misturas de bagoas, sal e zucre.
noites de paixón ao caron dunha papeleira.

mordernos rabiosos,
escravos sen dentes na noite,
e lobos doces na coba.

ardo en desexos de berrar,
pero non vas entender nunca esta metalinguaxe.

meus beizos non trasmitir,
meus dedos non percorrer,
meu corazon non later.

tabilhona

quinta-feira, setembro 27

hades

pinto ollos nas maus,
nos pes,
catro dedos xusto por riba do meu sexo.

vermellos, nos bordes, os meus,
desenfocan a vida que observo ciumenta
co resto do meu ser.

sobre o escano mézome:
as pernas no peito,
os pes mirando,
brazos ao redor dos xeonllos abertos,
e as maus por sobre as meixelas.

son un corpo de ollos,
significo?

as imaxes pasan angorde, retidas polas miradas
cas perseguen. inquedas?

fagome unha bola,
tapo todas as fiestras pintadas en e sobre min.

o vermello misturase co negro,
imprimindo na pel todo o que vin.

quarta-feira, setembro 26

cabalinhos do demo

como libelulas en noite santa,
xuntamos nosos corpos ao calor da lúa.
grilos e sapos contan nosos sudores
aos peons inquedos que axitan o paso baixo farolas.

desafortunados eles!

linguas de mel que se funden unha vez tras outra,
aleteamos nerviosos, desestabilizando o vo ritual,
mollando os ollos no rio.

o solpor anuncia incrédulo brumas, alentos,
risas cortadas, un xemido de ausencia,
no ca miña cama anela a frialdade dos teus dedos,
transportadores mollados de consecuencias alleas.

eva méndez doroxo

circunferencias 1.11

Conmemoro cada segundo no que os ollos aínda non se pechan.
Lambo o invento do human,
aquel que nos fai escravos
e nos libera acariciando cada linha concéntrica.


Falto á realidade e imaxino a velocidade dunha viaxe infinita,
sen retorno.
Porque voltar significaria involución,
perdida de coñecemento,
invasión de vidas pasadas.

Sería só un esquelete de edade incerta nun emboltorio
pasado de moda.

Intentaria pasearme, torpe, por entres deses seres
que algún dia imaxinara coñecer;
rompendo así a maxia dunha segreda fantasia
que me serve de antidoto hoxe,
en que manter os ollos abertos
fai que se me escape a vida toda.

eva méndez doroxo

contrasinal

Escreboche encriptado para que sepas como esquecerme,
borrar cada palabra que che susurrei entre as mantas da nosa vida.
Unha comunidade ínfima de longos silencios que desexo desaparezan da túa mente.
Arritmias contemporaneas de corpos antagónicos.

Esquece o meu nome,
cada sílaba cos meus dedos escribiron na túa pel,
e perdoa o sufrimento previo á liberación.

Morde os beizos para non me lembrar,
bebe litros destos versos para desvivirme,
esperta cada noite sen saber quen son, quen fun, quen serei.


tabilhona

terça-feira, setembro 18

circunferencias

redefinome en cada liña.
estríome; deixando marca: Non esquecer.
conmemoro cada segundo nun berro, en silencio.

lembro que son corpo: interacción con outros individuos,
perdida dunha identidade que escasamente conservaba.

lonxe de min, entre mil oceanos de ossos,
atopaste ti, anhelada memoria, espello das ánimas
que compoñen cada escama desta pel,
inquieta, inconformista, rota, inédita...

sinfonia dunha vida que remata nese preciso intre en que
para o resto de alentos empeza un novo dia.

tabilhona.

terça-feira, setembro 11

Mermach site

Cruzó la calle. Una especie de alarma interna le hizo acelerar el paso. La ciudad estaba en calma, pero él sentía agitación a su alrededor.


No dejes que la paranoia se apodere de ti. Se decía incesantemente.

Verde, ámbar, rojo: el muñequito en verde, por fin poder cruzar. Otra esquina más y estaría a salvo. A lo lejos un coche negro se acercaba, perezoso. El reflejo del sol en la luna delantera le quitó la visión un breve instante, lo suficiente para que las voces se acercasen a él. Mantuvo los ojos cerrados y empezó a correr. Oía las voces cada vez más próximas, susurros que humedecían sus orejas con un aliento cálido. Transpiraba, pero seguía apretando los párpados con fuerza.

No los mires y estarás a salvo.

En su nerviosa huida había calculado la llegada al portal y la situación exacta del mismo. Hurgó en su bolsillo hasta dar con las llaves, una visión casi mística de la liberación. Apuró la entrada en la cerradura, el encaje, el sonido de los engranajes que desplazaban los pesos para dejarle entrar en su santuario, allí donde nada malo le podía suceder.

Mantenía los ojos cerrados mientras las voces se oían esta vez nerviosas, histéricas, gritos. Un sol de colores penetraba en sus córneas a través de la piel. Algo nuevo sucedía. Sintió los dedos de las voces que apretaban su carne, notó un pinchazo, una descarga eléctrica.

- Lo perdemos!! Un, dos, tres…

Y más lejos, como un murmullo que llegaba débil:

- Apareció de repente en medio de la carretera, no tuve tiempo a nada, Dios!!

tres

Chamame Carmen,
nome de canción,
nome dos que non se oen no deserto,
dos que cada silaba soa a zucre, nos teus beizos.

Dame unha personalidade forte, unha dozura abrupta,
unha letra sen melodia que retumbe a moscatel - en copa de sesenta-,
faime corchea nos teu dedos áxiles.

Pero endexamáis me mires aos ollos,
nunca seques as miñas bágoas co teu pano,
non descubras a fraxilidade de cada un dos meus suspiros.

Sigueme chamando Carmen,
e faime túa a cada alento.

adicada a todas as que viven nas sombras, entre pantasmas nun presente incerto.

eva méndez doroxo

segunda-feira, setembro 10

tenrura galega, autentica da casa.

pubis infantil do que naces cada noite.
a solutide da túa mau
perdese polos camiños
endexamáis explorados dunha vida.

o sangue que non mana:
unha exalación de liberdade
cando os todos inspiran o teu ar.

na escola, só tres pupitres.
engadome as risas xordas dun mar de hipócritas.
remexome na oscuridade
agardando non estar soa,
medrando no horror do meu reflexo nunha máscara de porcelana.

eva méndez doroxo

quinta-feira, setembro 6

nimio senso que nos invade:
música de trompetas desafinando,
violins que relinchan e o bombo clix!

dibuixo no ar con pinceis imaxinarios,
un cheiro naif,
rabia positiva, mocos verdes na rúa.

merda seca enche todo o teu ser:
petos cheos de cartos,
cuncas sen ollos,
e na mau un corazon que non latexa.
autómata da grande urbe.

eva méndez doroxo

quarta-feira, setembro 5

mediadora

sons gregos: fonte da que bebemos ata afogar.

chámome demente. irreflexiva muller que atolondrada vive en gaiolas de fios.

todas as cores me tecen.
todos os sols queiman esta pel na que non medra nada.
escindo así toda liberdade
precipitome a nunha a-intelixincia precoz.

pérdida do razonamento lóxico ao que temos que aferrar-nos para que non nos prendan.

agardo no silencio da mistúra de barbitúricos,
que unha mau amiga agarime un milimetro de min,
e así poder voltar a sentir.

domingo, agosto 26

sen título 0.1

allea de min, tributo por riba das miñas posibilidades.
pérdome nunha salitre co enche todo.
busco respostas.

sen dedos para agarimar,
atopo bocas que alimentan a hipocrisía do ser.
existo atemporal e etérea en cada anaco de dia.
mordo rabiosa os ollos que me aman,
cuspo as excentricidades que me compoñen
e lambo, sumisa, as linguas que me mancan.

áchome vestida con roupas que non son miñas.
acomodada na viaxe dunha vida que non me pertence.
sen mirar aquelo que noutra hora fun,
¿mordisco ou mazá?


eva méndez doroxo

terça-feira, agosto 14

dor de cabeza

estamos aquí, nos furados e os recunchos das folhas,
sen sentido e sen senso, pero na hora do fin do mundo na que a auga zoa con tanta virulencia
que non chego a sentirte.
non podo máis que remexerme na lama, seguir movendome infinitamente,
na humedade que me cala os ossos diantre dunha velha fábrica de coches.

se sigo aquí dez segundos máis vou explotar!

por favor sácame deste espacio no que non me atopo a min mesma
no que ser non é ser,
no que trilho os dentes como maís no muínho.

sendo só farinha molhada na longa noite da vida.

quinta-feira, agosto 9

cascuda amada

comprame unha cascuda que fale inglés!
así poder ter quen entenda os meus pensamentos.

unha amiga que se desplace veloz polas miñas pernas.
que esquibe meus dedos asasinos
e que non queira beijhos.
NON!
que non os desexe, nin os reclame, que non os espere!

así ser libre de todo o físico que me atrapa e poder só
ser unha lingua que non falo, un son que non entendo.
as atenas movendose soas nun ar de vocablos.

chove chuva

alongando os dedos baixo as saias mollades dos homes.
atopome esquecida, lonxe das formas xeométricas que marcaron
os pasos que din.
e no medio de todo o caos: agradabel compañeiro, de viaxe, do que as veces fuxo.

segunda-feira, agosto 6

intacta identidade

si son, nacida tras unha eterna morte que se apodera de min día tras mar.
unha fiestra laranxa, entre as barras dunha cárcere azul.
¿un hospital?
Fogar: un círculo infinito que se dobra sobre el mesmo ata atraparme.

no medio da illa unha flor branca, fráxil.
si son.

é agora na interminable e esgotadora espera da reconstrucción
na que a fraxilidade se torna raias vermellas, brancas, amarelas, verdes...
tapiz infinito no que perderme.
sumerxireinme no mar tras día a morrer na resurrección das autorizacións.
Deixar de lado as neuras, metida nunha maleta, aparecer do outro lado do finito universo concéntrico.



eva méndez doRoxo

comparativa

visitote dende a comodidade dunha butaca,
coa inmobilidade de quen contempla pasivo unha liña abstracta
rumbo á galeria onde esperan os aplausos ensordecedores do éxito;
Ególatra: amante que nos debora dende a confortable casa dun órgano.

Bebo angorde, ata a derradeira gota de ti, esnaquizando a copa coas mesmas maus
que te acarician nas noites de calor.

Subo ao atril, esquecendote tras dos sorbos... altiva e inalcanzable no escaparate,
co resto de cadros.

eva méndez doRoxo

sexta-feira, agosto 3

cotizacións en Bolsa

explórome dende a ingrávida dimensión dun dedo.
repaso cada liña que difumina esta identidade excéntrica,
dotada de beleza pola ríxidez dos xestos; comisuras apretadas, ollos en tensión, respiración controlada,


rebento na soidade dunha sala chea de alentos alleos,
berro coa forza contida dunha vida inexistente,
xunto máis os beizos que se enchen de surcos querendo bicar
todas as paredes brancas que configuran individuos colectivizados,
edificios socias disque...

e agora agardando a madurez dalgunha forma verbal inventada
reinventarei o meu sexo, o cabelo desta cabeza e cada milímetro de pel
para poder saír neutral a ambiguedade dos puntos, sen comas, con pausas, sen horas...



eva méndez doRoxo

sen malícia

toco o meu sexo,
ole a xeado de café, para manterte desperto.

_eva méndez doRoxo

terça-feira, julho 31

remember me

trazamos liñas borrosas
no inmáculo pedazo de ollo
que non reflexa a luz.

pixeladas imáxenes enmarañadas
nas conexions de tubos catódicos,
cables, soldaduras que pinchan.
poligonos rabuñados no esquecemento
dunha sexta dimensión
que non queremos ollar.

perdida, no reflexo infinito dun xogo de espellos, vexome.

sentada na infancia dunha chapra lixada,
erguindo o peito, digna, respetábel, señora.
nunha femeneidade que non entende de límites.
As medias acordeonadas nunhas pernas que queren escapar e non poden.

un sorriso cómplice veime, perdida, neste lado dos espellos.

eva méndez doRoxo

pirómana

buscome nas acepcions.
Non existo.
a femenización da miña forma non arde.

Achégome a ti,
prendote na chama das miñas caricias,
deslizandome pola vexetación
que configura o teu ser.

Observados por hefesto
limpamos os montes do noso inverno,
para non deixarlle paso á combustión dos nosos corpos.

Doeme a pel, cuberta de escamas negras,
vestixio do teu paso por min.

eva méndez doRoxo




segunda-feira, julho 30

Plaxiando a ...

“ser poeta é sina, porque há sempre um exalar de perfume e dor em cada texto que o poeta assina”
para todas as sensibilidades:

ser poeta é prostituírse.
espirse en cada verso.
traficar coa intimidade
enriquecendo ao proxeneta.

vender cada letra
retallando os versos
para axustar algo máis o prezo.

vivir na noite.
amosarse impúdico
mentres che dan polo cu.

lamber glandes
interminablemente
para completar cada liña.

deixar saír a fervenza de seme
co enche todo.

apresurarse
a limpar cada folla
arranxando as verbas.

darlle pracer
a alguén que non coñeces
mentres finxes o orgasmo.

ser poeta,
non é ser espido,
só é
ser puta.

Eva Méndez doRoxo e xente do mundo

sábado, julho 28

GRAZAS A TOD@S POLO APOIO

Bueno, sigo sen novas do outro lado do mundo. Igualmente mil grazas por amosar tanto agarimo e apoio!! En Dereito Civil, o silencio é positivo, polo que supoño que as miñas desculpas foron aceptadas e pronto poderei pendurar o polémico poema horfo de titulo.

BICOS A MOREAS

quinta-feira, julho 26

RETIRO UN POSTRE DE MEL POR REQUERIMENTO.

Queridos amig@s, tenho que retirar do meu blog o poema que levaba por titulo o que arriba reza, pois contactaron-me a familia e máis a poetisa que leva por título, sentindo os meus versos como unha falta de respeto cara a ela e máis un dano moral.

Nunca pensei ofender así a unha escritora da cal gosto moito e por iso e por pedido expreso deles retiro cada un destes versos que supoño ofenden por empregar unha linguaxe que se mal interpreta.

Dignificar palabras é tarefa dos escritores e máis dos lectores e saber comprender o significado tamén, gustaríame un mundo máis humano onde descalificar non consistise en quedarse na superficie da esencia da humanidade.

Con isto, pretendo DISCULPARME publicamente ante a Sra. F.I.P e máis a súa familia e seguidores, pero quero deixar claro que as miñas palabras definen un concepto entendido dende unha complexidade que vai máis alá de empregar unha linguaxe ou outra, e que en ningún momento pretendín mancar, ferir sensibilidades alleas e DOEME enormemente que as PALABRAS non podan ser expresadas en toda a súa magnitude.

palabras prohibidas


sen corazón no peito


Descosesme o corazón do peito,
rápido, limpo, sen dor por unha decisión que non é miña.

Pero non me decato e sigo mendigando agarrada a ti,
coa forza da que non sabe que ninguen bombea vida dentro dela.

Como na lenda de Nang Nak,
vexo-nos fundidos nun,
sen xente ao redor,
amando-nos interminablemente.
Eles, espectros que nos observan,
vein o meu furado entre as costelas,
a miña sangue verterse a cada paso,
como o meu corpo se consume na infinidade das horas.
E non entenden a felicidade que enche
cada furado de min por seguir sendo túa.

Eva Méndez doRoxo

quarta-feira, julho 25

acidez

petasme na cabeza
o cerebro encolleseme e arde.

respiro con ansiedade
sentindo que petas, taladras, golpeas!!

Eva Méndez doRoxo

terça-feira, julho 24

intramuros

nacin espida.
sen ollos na cara,
nin lingua para me lamber.

medrein barroca, complexa, híbrida.
unha identidade tambaleandose
na corda do autocoñecemento.

atopamos cada noite o pracer
das linguas quentes
buscandose.

medro dentro teu,
enchoo todo.
fixo o meu sentimento na túa oscuridade
e misturome coas mazás brancas
dos teus peitos adolescentes.

palpote coas cuncas
voltas contra min. observasme.

nun interminable intercambio de xestos
facemos o amor bruscamente
para descubrir-nos unha e outra:
espidas,
sen ollos na cara,
nin lingua para nos lamber.

Eva Méndez doRoxo

quinta-feira, julho 19

rimmel



longo ollar etereo.
perdida, onte, transitaba por el.
agora, imaxinar-nos non é.

tecerte na miña pel seca
sen salitre
sen auga
sen lume.
terra que respiro para non ser túa.

morte en vida:
codificación númerica
co meu cerebro non interpreta xa.
e saberte espida,
noutra pel que sí ten auga,
regurxitando o que antes fomos,
desprendendote de min en cada agarimo.

agardote nesta beira do rio que chamamos existencia
esperando que non voltes
branca, inmácula, fría.

marmóreos ollos nos que non me identificar.

Eva Méndez doRoxo

segunda-feira, julho 16

sensualidade

golpeasme con forza furacanada.
remexo as conciencias de hipocresía indómita
nunha humanidade falsa
de moral encollida.

empequenecemos os sentimentos ata volta-los
paraxens ermos en continentes lonxanos.
sementamos palabras que enmudecen
desitratadas por un dedo
que sen oprimir, preme a válvula de oxíxeno

zas!

rumbo novo sen pena do pasado.
negras cicatrices polo cortex da ilegalidade
no que traficamos impunes unhas coas outras.

consigo non verte cando te miro.
nin os xogos de espellos,
nin os ollos de abella
chegan a este angulo obvio
no que mecerte non é máis que alonxarte
da realidade resplandecente.
unha linguaxe máis vella que todo esto.
o idioma que sen producir sonido
falamos todos os átomos da periferia.

Eva Méndez doRoxo

convulsionar

esfervescencia de colectividade eterea.
movemento intrínseco
do equipamento vital dos corpos.

celestialidade dun todo que non comprendo,
máis acepto espasmodicamente.

Eva Méndez doRoxo

corpos anónimos

desexo que me penetres salvaxe e primitivamente,
xestarte un secúlo,
de duración: un segundo,
redifinir o espacio e o tempo que nos transita.

mollar os meus beizos
nas túas bágoas
e fundir os meus dedos
nas teclas duras, esmaltadas en branco.

misturar a verba inconxugable
dos nosos corpos maltratados,
parindo (sen epidural)
a identidade que me aterra.

Eva Méndez doRoxo

sexta-feira, julho 13

seis grados de separación

karinthy en chains xa o explicaba.
tan doado como coñecerte,
tan inexplicable como non ser túa.

a cadea que nos une non somos nós
se non eles.
axentes secredos da intermediación inmediata.

ti aí, no outro lado do mundo.
onde os dias non rematan
e as lúas arden a ritmo de sol.

e eu aquí, neste xelido inverno
no que a luz só é un ollar indiscreto
a través dos soños.

no medio, estan os catro eslavons
que nos unen.

Eva Méndez doRoxo

quinta-feira, julho 12

anatomia esquecida




a túa vida toda
pendurada dos anacos brancos da miña.

ligazons esporádicas sen puntuación nin espacios.

reprimir as bágoas non serve de moito
cando a imaxinación nos taladra
regurxitando as neuronas.

Estrés,
bendito refuxio que nos fai hoxe menos culpables de ser nós mesmos.
anxos proscritos e
Diaños de aladas brancas
dos que esquivamos cada reflexo
por crernos mellores que todos eles.

Mais ti, agora...
caes da miña gorxa
nunha vertixinosa carreira ao esquecemento,
despenduras cada palabra da miña vida
e levala contigo,
máis alá de min.
para cos meus beizos de lume
non chuchen de ti a salvia
dunha estrada chapapoteada que che facilita unha existencia
de superficialidade ilícita
na que traficas coas almas dos que algun dia cremos en ti.

Eva Méndez doRoxo

terça-feira, julho 10

meridianos



desplazome pola zona horaria do mundo.
bebo os praceres de ser un anaco de pel,
sen forma, sen nome, sen vida,
unha linha que se açula:
o xeito máis rápido de teletrasporte.

Gambia, Sao Paulo, Estambul, Accra...
calquer punto na imaxinación,
nomes de mulheres fermosas,
de vidas corruptas polo blanco,
traficante de azul nun mar de ceros e uns
nos que interpretarte é máis doado que sentirte libre.

Mulheres sen olhos,
son a pel dunha rosca

pola que me deslizo para escapar da minha propia liberdade
que atemoriza as células que componhen o medo
rindose de min en cada click.

sumas e restas nun século no que o tempo non vale nada.
no que a eternidade esmorece como unha faragulha na infinidade
dunha mesa despois do xantar.

sen preguntas e sen respostas
movémonos inhertes de mulher a mulher con diferencia horaria.

Eva Méndez doRoxo

terça-feira, junho 12

adormecida

os ollos que pechas
son dedos arácnidos.
tecenme na túa brétema espumosa,
baballas antes de me ficar nas pinzas
ca túa boca lambe.

fabricas o fío
no que adormezo
cada maña.

vexo o teu ollar
sesegando un mundo de promesas
nas ca miña imaxinación
te atopa noite tras dia.

bicos.

Eva Méndez doRoxo

sexta-feira, março 9

Historias del Tren

El lápiz empezó a dibujar líneas uniendo formas que a mis ojos les parecían mágicas.

Aquel viaje con mi padre, a los ocho años, había sido mi único viaje en tren. Él había muerto mientras dibujaba para mí en el trayecto que nos iba a reunir con mi madre.

Recuerdo que el compartimiento era grande, tapizado en verde y con olor a limpio. Me impresionó la gran ventana que ocupaba toda la pared en frente de la puerta. A través de ella los colores se movían rápido, haciéndome ver pueblos borrosos y personas inmóviles que nos seguían. A mi padre le entusiasmo ver mi mirada inquieta observándolo todo como si se tratase de un sueño. Sacó su bloc de dibujo y empezó a mover frenéticamente la mano con trazos cortos capturando todo lo que yo veía.

El revisor nos interrumpió; papá le alcanzó los billetes y me sonrió. Después volvió a su bloc y yo a mi ventana. El viaje duraría sólo 5 horas, pero mis ocho años las vivieron como toda una vida.

Su mano dejó de moverse y su cara me miró rígida, como cuando se enfadaba porque no me acababa la sopa. Pensé que algo no iba bien. Pero no sabía que hacer. Nos quedamos así, mirándonos, inmóviles el uno frente al otro. La gente entraba y salía de los camerinos contiguos. Veía moverse las manchas que los anunciaban tras el cristal opaco de la puerta. En las paradas subían y bajaban personas. Los andenes estaban llenos de agitación. Pero nadie abrió nuestra puerta. Al llegar a nuestra parada el revisor vino a avisarnos, papá le había pedido que nos avisase por si se dormía.

- Su parada señor.

- Creo que mi papá no se encuentra muy bien.

Hoy la ventana no me parece tan grande, el tapizado es azul, pero sigue oliendo a limpio.

Eva Méndez doRoxo

terça-feira, março 6

Plaxiando a Fatima Irene Pinto

Queridos amig@s, tenho que retirar do meu blog o poema que levaba por titulo o que arriba reza, pois contactaron-me a familia e máis a poetisa que leva por título, sentindo os meus versos como unha falta de respeto cara a ela e máis un dano moral.

Nunca pensei ofender así a unha escritora da cal gosto moito e por iso e por pedido expreso deles retiro cada un destes versos que supoño ofenden por empregar unha linguaxe que se mal interpreta.

Dignificar palabras é tarefa dos escritores e máis dos lectores e saber comprender o significado tamén, gustaríame un mundo máis humano onde descalificar non consistise en quedarse na superficie da esencia da humanidade.

Con isto, pretendo DISCULPARME publicamente ante a Sra. F.I.P e máis a súa familia e seguidores, pero quero deixar claro que as miñas palabras definen un concepto entendido dende unha complexidade que vai máis alá de empregar unha linguaxe ou outra, e que en ningún momento pretendín mancar, ferir sensibilidades alleas e DOEME enormemente que as PALABRAS non podan ser expresadas en toda a súa magnitude.



Free Counter and Web Stats