quarta-feira, outubro 29

de pinyols i atmetlla

acaricias meu femur baixo a tela.

sinto o frío percorrer teus paisaxes desprovistos de antenas.
somos a fauna que nos habita,
a indomable fricción do ruxir do tempo,
antagonía de xemidos abstractos que fuxen da pel.

mordida, na incontinencia, mostreinche meu ábside.
entraches estranxeiro,
perdido no formigueiro de praceres co afondar, no branco que me conten, te percorren.


eva méndez doroxo

de piñons e amendoa

acaricies meu fèmur sota la tela.

sento el fred recórrer els teus paisatges desproveïts d'antenes.
som la fauna que ens habita,
l'indomable fricció del rugir del temps,
antagonia de gemecs abstractes que fugen de la pell.

mossegada, en la incontinencia, t'he mostrat meu absis.
has entrat extanger,
perdut al fomiguer de plaers que al fondejar, en el blanc que em conté, et recórren.

badaladas

sometida, baixo a cadea lingüistica, entre teus dedos de cristal.
imaxínote espido, sen verbas na boca, co ollar baleiro.
rememorarte na anfinidade do sexo (quero),
na sumerxida historia dos silencios.

rescatar os alentos vellos,
as pinturas cavernícolas,
e mollarnos involutivamente nos agarimos de xeo.

o tic tac apresurase na parede, conségueme coser os beizos con fío de seda, mastigar a impronunciable retórica dun diagnòstico funebre.


eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 24

obviedades

son terrorífica fada destructiva.
animal invisible de fouces ensangrentadas.
monstruosa imaxe que retorna dos espellos que levades enganchados no peto.

cortesana dunha morte que se anuncia nos cartaces iluminados,
que protesta encorsetada en símbolos de liberdade.
somos dúas amantes desfeitas pola realidade,
consumidas pola frustación do abstracto, do sentido aortíco das palabras desprestixiadas.

mutación contaminada na probeta,
co-relatividade numérica, eufemismo impronunciable, recordatoria humanidade.
ser defectuosos, astroloxicamente imperfectos en nosas teorias perturables.
mostrarnos coa pel nua, co refaixo lixado, coa lingua retallada en forma de estrela,
patetiza o medo que infundo dende a proximidade de min mesma.

eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 23

a muller dormida





emerxo serea da verticalidade na que me atesouras.



eva méndez doroxo


imaxe cortesia de nelson

terça-feira, outubro 21

terrons de zucre

tomarme, en sorbos curtos, para non queimar a lingua,
para non sentir miña pel de canela penetrar túa porosidade.

óllasme a través da porcelana que me contén,
o recipiente que nos separa e che fai estar salvado de meus vapores.

sérveste outra taza, son infinita molecula de sal á que non acostumarte.
enfrío, desaparezo na brancura da louza na que me confinas.

tabillona

quinta-feira, outubro 16

frontal

nas costuras da morte mézome.
trepo espida de palabras aos beizos dun cráneo sen carne.
espertei na oscuridade, mirei miña mau fuxir baixo teus contornos,
animal aterrado que me deixa sorberlle o zume da vida
na distancia que marca o reloxo ouveando seus cuartos para apartarte de min.

teño que meterme no armario, buscar entre as páxinas queimadas, rescatar as letras borradas polo paso das vidas e reconstruir meu magnétismo, miña personalidade gótica, revosante de perplexidade, antes de saír do esquelete que me protexe da vida, que me seca a inmácula concepción de irrealidade.

superposta no calidoscopio de papel recupero miña mau en fuga, vomitote mesturado con sangue e recapacito sobre a inexactitude do tempo que nos corrompe.

eva méndez doroxo

quarta-feira, outubro 15

còrtex sagnant

nos dedos a frustación toda dos agarimos roubados.
meus beizos, ausentes de humidade, na distancia imposta pola racionalidade.
morta para chegar ao complimento decisorio do éxtase,
da disección sistemática dun ollo-alterego.

principiando os contos das noites, en lume, enchéronseme os alveolos de cinza,
pudríuseme o sentido e afondei na soidade dos órganos metamórficos dun corpo que me é alleo.

raquitica forma anterior, ninfa desecada en túas indeferencias.
absurda muller transformer que corre baixo os paraugas da nostalxia.

tabilhona

quarta-feira, outubro 1

free_taxes

compás que aturde meus receptáculos nerviosos.
na terceira falanxe anida o ferro, a impremta que me identifica entre a montaña de excrementos.

estorcín o xeonllo escapando. afeitáronme a cabeza con unha tiseira enferruxada, o sangue non quixo manar dos meus vasos capilares, as bagoas reprimiron o berro na gorxa e arranquein a lingua.

manan as verbas só desta falanxe ferrada. é miña sina, a identidade maldita ao redor dos sexos podres que se acanean nas ventás sabor a canela.

todos os músculos do meu corpo son cadeas de titanio, indestructibles estructuras que avançan pola lama maforenta das individualidades en rede.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats