terça-feira, dezembro 30

e

non teño medo esta noite.
o frío xeoume a capacidade de sentilo.

ollo pola xanela e vexo o baleiro deserto de sal.
a porosidade na que afunden os insectos cristalizados polo sol.

eva méndez doroxo

céntimetros_2

1.- a pel lembra o que o corazón esquece.
2.- tres son os céntimetros que te diferenciaron doutros,
nos que te refuxiache de miñas verbas envenenadas,
dos agarimos dunha pel que non cicatrizou aínda.

non comprendes que agardar o frío,
sentir o medo, espertar no baleiro,
é o mesmo que non terte.

3.- a inversa da negación infinita é a realidade absoluta.
unha pinga de suor que esvara.
abrir a carne e dar paso a que as maus acaricien os órganos desfeitos
que aínda nos permiten vivir.

sombrías formas ten o futuro de facernos ver a verdade que se hacha tapada baixo as risas.

eva méndez doroxo

estupefactos

a impotencia dos números encolumnados,
unha longa cadea indescifráble, pesada.

as voltas dunha mente en movemento,
dunha fuxida elíptica.

a boca conten o significado cos ollos atestimuñan,
o dictado do verbo en sincronía coa exclamación.

buscamos o silencio, a incomunicación que nos fará libres,
entendernos no idioma universal: tempo.
convinacións numéricas, liñas infinitas de secuencias infernais.

atopar o sentido da irracionalidade,
a carencia animal,
o funciño ensangrentado.
unha alteración dos números que nos comprenden.

eva méndez doroxo

transmutada

Tanto correr tras as bolboretas atolondra calquer intelixencia.

A búsqueda do amor, a felicidade absoluta, a recreación dos contos de fadas, lixo que verten sobre nós e que aterrorizaría aos nenos doutra época.
Fain-nos consumidores de aparellos extraños, de tecnolóxia en estado puro. Onde quedaron os diálogos, os matices da voz, o entendemento táctil?

Alónxamos toda forma de vida de noso camiño. Estamos envoltos de árbores sen follas, de esculturas de metal, de cemento e alqutrán endurecido. Hai mil anos que non vexo unha persoa. Os individuos son androides, imaxes holográficas doutra época, estan fríos, non pensan mais que en deborar enerxía.

A sexualidade é o mecanismo de reproducción obsoleto, xa non se precisa.
Non é preciso o ritual, non queremos a seducción, o medo ao ser rexeitado desapareceu.
Hai milllons de espectros famentos que encheran a boca coa deprabación toda que lles brindemos.
Non entendo porqué fuxístedes, porqué quedei sosinha entre tanta ferralla.

O Sol queima miña brancura inherte, o ar peitea miñas faccions borradas.
Ollo para o furado que queda entre os dedos da miña mau, aínda orgánica.

eva méndez doroxo

segunda-feira, dezembro 29

s

As veces teño medo da oscuridade que invade os hocos entre as paredes e eu.
Mollo as parcelas de separación para sentir ca liberdade aínda é posible.
Creo espazos abertos, ilimitadas chorcas onde habitan os seres que noutra vida coñecín, mal chamados mitolóxicos.
Debuxo verdume ilimitado e adorno co cheiro dos cugumelos outonais.
Deixo que me laven como parasito, manteño miña inmobilidade mortuoria, comprimo meus órganos contra o chan e apreto as comisuras para non berrar cando me penetran co ferro, inspeccionando o silencio da miña gorxa.
Tíranme metal fundido para abrirme a carne, para poder gozar de meu sufrimento. As veces a voz quere liberarse e teño que morder os beizos ata manar sangue como sacrificio idéntico e así aplacar os epíritus que me habitan.
Máis non consigo controlar os ollos. Eles choran e brilan, agasállanlles o odio que anelan e cos fai felices.
Mutiláronme, non podo saír desta fria pedra que corroe os ossos.

A beleza escorreu polo vertedoiro cos excrementos que expulsa este corpo en descomposición. A intelixencia ardeu baixo o rio ardente no que me mergullan cada noite. Esperanza chantada con cravos as miñas unllas.
Silecio absurdo que lanzo dende a cova onde habitamos todas.

eva méndez doroxo

amb gotes de ron

tremolo,
els dits no responen als impulsos nerviosos.
estic atrapada a la teva boca,
no em comprens, però t'impacientes i m'expluses.
et serveixo de sac de boxe,
dones cops a la meva incertesa amb la força del silenci.
t'escric en una llengua que m'és aliena per tal de que em comprenguis,
em refuxío en les paraules pronunciables,
m'arrosego per l'escorça del record: tà pell.
més enllà de nosaltres s'exten un oasis,
un pasadís amb les incripcions del idioma en el que interpretar-nos.

eva méndez doroxo


tremo,
meus dedos non respostan aos impulsos nerviosos.
estou atrapada na túa boca,
non me comprendes, pero impaciente expúlsasme.
sérvoche de saca para o boxeo,
golpexas miña incertidume coa forza do silencio.
escréboche nunha lingua que me é allea para que me entendas.
refúxiome nas verbas pronunciables,
arrástrome pola corteza da lembranza: túa pel.
alen de nós exténdese un oase,
un corredor coas inscripcións do idioma no que interpretarnos.


eva méndez doroxo

quinta-feira, dezembro 25

extorsión

gustaríame atoparte enredado entre miñas dúbidas.
espertar ao carón do quente,
sentir a vanalidade do tempo escorrer entre miñas cuxas.

a nada imponse a esta imaxinación intrépida,
os ladridos famentos trizan as orellas dos mortos.
habitamos o cuarto do lado,
onde os gatos lamben as patas ausentes e pelexan un agarimo.

somos fadas dos dentes con patas fraccionadas e ollos invisibles,
separados pola distancia do inverso grosor dun pensamento.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 24

cráter

perfórasme con túa humidade.
chúchasme a suavidade da esencia.
encórvo as extremidades todas,
cristalizo os dedos da mostra paradigmática do cosmos.

suxires que escapemos,
artellar unha nave de agarimos e fundir nosos corpos en erupción.

eva méndez doroxo

preparando mojitos

agardei, recollida na miña intrinsicidade.
mollei os beizos coas pingas de suor.

sorber túa indiferencia, o medo a ser descubertos.

mostrar espidos a pel atalántica da incertidume,
mergullarnos baixo o téxtil,
sorprender o vapor dos corpos en resonancia conxugada.

eva méndez doroxo

segunda-feira, dezembro 22

no-rte

antes de ser túa sentín o xeo perforarme.
traspasou a irracionalidade do ser, mergullouse na esencia da humanidade.
respostei cada unha das interrogacions da besta,
lambín as súas feridas enchendome a gorxa de iscas. tiraches do fío.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 17

lapsus

artellei unha conxunción paradigmática do outro lado da catarse.
correspondencia abstracta de ollos punzantes.
os dedos a continuación das respostas algoritmicas nas que nos esquecemos,
como en tantas épocas,
da nosa condición humana, deprabada e absurda.
deslizar os dedos nas follas amarelas,
chuchar o sangue quente dunha literalidade relambida.

non entender o significado da morte é mesmo non seguir vivo.

eva méndez doroxo

segunda-feira, dezembro 15

coconut

fúndeseme a terra baixo os xeos do equilibrio.

conspiro cravada na incetidume,
resumese a vida en tres momentos: non nacemento, vexetación, morte.

eva méndez doroxo

sexta-feira, dezembro 12

tormentos

escríbeme,
resposta miña interrogación permanente.
transpórtame a ese mundo no que vives.
deixa que beba os fluidos todos da vida.
logo desaparece,
engaiolate nunha caixa de madeira,
debórate polos lobos famentos,
cuspe a merda toda.

convírtete en pensamento mutante e xira 360 graus,
desintégrate como sonda mariña.

permíteme deborarte,
desgarrarte con precisión ciruxana.

ser o alimento dos outros.
dos que aínda non chegaron.
daqueles que en fuxir esqueciches.

atorméntame teu cheiro a podredume,
túa risa despiadada,
teus ollos envidrados.

lévame contigo ao lado oscuro onde habitan todos.

eva méndez doroxo

antes de irte

atrapada na frialdade do vidro.
opaca e esteril entre teus dedos interrogantes.
aplícasme a presión do amante,
derrámaste sobre min coa forza que me aturde.

non estás.
non estás.
non estás.

son a boneca dentro da esfera,
a bailarina que xira frenética dentro dunha caixa de música.
non imaxino teus dentes crabados noutra madeira,
impóñome a calquer pensamento holocaústico de meu cerebro en descomposición.

aturdida desprázome polo ferro,
remexome co cheiro ao sangue que en fervenza vertéches sobre min.

eva méndez doroxo

clarividencia

escapo da miña cuncha.
cadrícula inmensa na que desprazas as rodas,
fuxiches de meus beizos de sal,
de miñas palpitacións aterradoras.

conseguiches ser o refuxiado da noite,
o invisible naufrago das palabras silenciadas.

ollo para túa negrura,
profundizo nela querendo arrincarche a verdade.
a absoluta reiteración do que me atormenta.
obsesiva declinación do tempo.

alónxame de ti un pouco máis na transparencia,
na dificultade de construirme baixo un tellado de aceiro.
non lume para seguir escapando das mentiras iluminadas.

máis o medo, a nostalxia, a hipocresia do incocluso
altera miña hexemonía diabólica e faime caer, sen sentido, no chan.

eva méndez doroxo

em costa respirar

haig de ser l'emissaria de la mort.
la persona, individu-catalitzador de dolor.
un ésser diminut sota l'inmensitat d'un univers que m'esclafa.

no comprenc el meu destí.
invaeixo altres cossos amb l'esperança de desapareixer,
però els teixits em corrompeixen la sang,
em transportan per l'excrement humà.

aconsegueixo ser la Daesa malaida.
la corba aliniada,
la perfecció numérica,
la companya rebutjada.

m'omplo de respiració invertida,
exhalo l'alé d'altres vides per continuar adorada,
imprimeixo ira als meus gestos marmoris,
sóc el dit que no has tocat encara.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 3

esborranys

accédesme pola porta que pensei blindada.
teus ollos caer sobre min,
lousas aniquiladoras de sentimento.
penetrada polo ruido das badaladas que electrcutan.
aparecín espida na neboa matutina,
medrei na oscuridade do illamento,
co torso ensangrentado, arrasada inocencia.
despedazáronme.
atópome núa,
sen pel que recubrir miña simetría.

eva méndez doroxo

tres

Abandoei as letras,
gardeinas nun caixón e tirei a chave das lembranzas.
Soñei que era unha vela,
co ar me impulsaba grande, lonxe.
Aprendín as mentiras todas deste mundo,
olleite de frente coa información inscrita na córnea ao redor do azul.

A electricidade apresúrase a percorrerme,
marcha do meu corpo para penetralo con celeridade espasmódica.


Bailo no cerco das fadas,
ao redor das cores todas que me suministran.

Escapo deste corpo mustio,
ao que roubaron súa tersura,
aniquilaronlle os músculos,
derretiron seus ósos,
secando os conductos da vida.

Pero sigo voando na inmensidade do azul, sigo vela imparable.


Son a concubina da morte,
a amante dos desesperados,
o alento das torturadas.

tabilhona

Free Counter and Web Stats