quarta-feira, abril 29

con crema de espárragos

Xa ves, cando esperto, non estás aí: nin por riba, nin por baixo, nin ao meu carón, nin...
Fun unha incrédula ao pensar que seguirias abstracto, peredne e dócil nunha cama sen lados.
Erguindo a transparencia - da existencia analóxica-, formamos a concentricidade do medo.
Seguimos atrapados na inconsistencia, na precariedade do verbo.

As veces, olleo por riba da almofada, olisqueo o perfume do paso do tempo, revivo os momentos de extraño percorrer, como se a eternidade fose algo posible.
Pecho os ollos e transporto os dedos ao carón do teu alento, unha homenaxe ao deserto nestes dias de chuvia.

Afondo sen medo na disciplina canónica, na ordenanza das estatuas e o impasible estirar as sabas, pero non me axudan as tarefas a recontruir unha cama con bordes polos que caer xogando a escapar de ti.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 28

atrapada

desaparezo tras a negación.
teño que reinventarme peza a peza.

sen ti áchome perdida,
inconclusa.
borrador de min mesma.
quedei pendurando das letras.

aparento ser ingrávida,
orbito na inmensidade que nos separa,
o cosmos que nos achega.

aterezo baixo un sol de agosto prematuro,
e búscome quentar, nas verbas de teus beizos xeados.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 14

con gotas de ron

sorpréndome mecida polas túas oscilacións.
vampírica e inherte contemplo a suabidade do corpo.
subo ao máis profundo do ilóxico para deixarme caer sobre a tinta das túas costas.

cargas a indeferencia e dispárasme ao palpexo que cuspe sangue.
corrompo a dignidade eclesíastica,
furo no paixoal pecado da existencia,
arremeto contra min mesma na lingua que non consigue achegarnos.

somos criaturas salvaxes domesticadas nun tempo de incerteza.
desexo rabuñarme coas árbores,
desfacerme afogada no fondo das algas que coleccionas.
que me atopes baixo as uñas do esquecemento e resurxas, neptuno, do deserto desta soidade.

eva méndez doroxo

segunda-feira, abril 13

i

i sobretot desitjo que la nit no acabi per seguir somian-te.

eva méndez doroxo

non quero que me observes

As etiquetas que descoñezo son ferramentas das bocas que me xulgan. Atentas miradas caen sobre estes versos que afondan no mapa interno de ceros e uns no que cae a desesperación da que escrebe no soño interrumpido.
Somos navegantes planetarios, astronautas de mazá e plátano nun universo atemporal.

Cando creo ter descuberto todo, aparece na miña irrealidade a imaxen difuminada dun individuo sen corpo.

Hoxe cortei o pelo. Unha Sanson feminina. Unha musa desfigurada tras os leds númericos dunha interacción irracional.

Óllome no espello e agardo que unhas maus se deslicen pola miña cabeza calva, pola corteza montañosa desta pel espida que espera noctámbula un alento alleo para volver a brotar.

Suprimo a dulzura nos encontros. Mostro as cicatrices antigas, os tatuaxes aínda sangrantes e os dentes arrincados.
Eles non se espantan.
Aproxímanse crédulos. Lambes as feridas que amoso, acaricianme o pelo no chan.
Miran o obsceno e irreal, o oasis do seu deserto diario.

Recollo os cachos de min_a pel señalada, o que queda de pelo a dignidade, a soidade...
Contemplade a creación do ser que vive na coba, que oubea na noite e que molla os beizos na inmensidade das verbas.

eva méndez doroxo

quarta-feira, abril 8

catarse

m'arrossego per la teva rugositat eterea,
sonámbula e aínda bébeda.

as linguas percorren o territorio descoñecido,
a amputación practicada polo amante-lobo,
as letras impresas no marfil.

trememos ao unisono nunha desesperada dança combulsa.
rexistramos o prohibido, desgarrando a ilusión retinal.

t'enxampo i colecciono.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats